Análise dos accidentes laborais da poboación inmigrante - Ano 2009


O número de traballadores inmigrantes, en Galicia e no resto de España, experimenta unha variación segundo os vaivéns que experimenta a actividade económica. A súa distribución segundo os sectores económicos non debería coincidir coa dos traballadores españois, xa que as carencias de recursos humanos e a cualificación profesional requirida non son as mesmas nos distintos sectores de actividade.
Dado o anterior, é interesante obter datos que permitan saber se estes traballadores sofren proporcionalmente máis accidentes; e da análise dos datos de que dispoñemos dos accidentes laborais acontecidos en Galicia, se teñen unha relación significativa cos sectores e ocupacións dos traballadores estranxeiros.
Sufrir un accidente mentres se realiza unha actividade remunerada non implica automaticamente que teña a consideración de accidente laboral; é necesario que os traballadores estean afiliados á seguridade social e teñan as continxencias por accidente e enfermidade profesional cubertas. Por proximidade xeográfica, o número de traballadores portugueses é un dos colectivos de traballadores estranxeiros máis importantes, o cal se reflicte no número de accidentes, pero esta mesma proximidade non obriga a que estes traballadores residan en Galicia nin estean afiliados ao Sistema de Seguridade Social español, polo que ao non poder dispoñer de datos desagregados destes traballadores a nivel autonómico ou estatal , o número de accidentes que os traballadores portugueses tiveron no ano 2009 en Galicia, é superior aos accidentes laborais contabilizados neste estudo.
Os datos dispoñibles, tanto a nivel autonómico como nacional, non permiten facer unha comparativa entre os traballadores nacionais e estranxeiros, baseada nos índices de incidencia por sectores, ao non saber que número dos traballadores estranxeiros por sectores teñen as continxencias profesionais cubertas; si podemos obter as cifras do total por provincias e nacional co que se calcularán uns índices de referencia xerais.
Podese acceder aos datos  en: