El paro en Galicia en el nivel mas alto de la historia

FEIJOO BATE O RECORD HISTÓRICO DE PARADOS


O paro para o cuarto trimestre do 2013 en Galicia ascende a un total de 296.900 parados/as, a cifra máis alta de toda a nosa historia,  e que representa un aumento trimestral do + 6,88 % fronte ao  + 0,63 % que se da a nivel nacional (Galicia once veses máis). Esta cifra de persoas paradas supón un incremento de 134.200 persoas máis desempregadas con respecto ao I trimestre de 2009, cifra ca que Núñez Feijoo accedeu ao goberno. Así, durante a Presidencia de Feijoo o paro aumento en Galicia un 82,48 %,  fronte ao 47,94 % do conxunto de España.

Con respecto á actual Lexislatura (dende o III trimestre de 2012) o aumento é para Galicia de 32.900 persoas, que representa un aumento do + 12,46 %, cando a nivel de España foi dun + 2,69 %, 4,6 veces superior pois en Galicia que no conxunto do Estado.

taxa de paro para Galicia se sitúa no 23,20 %, tmén a porcentaxe mais alta da historia, polo que o diferencial respecto a España - que para o primeiro trimestre de 2009 era favorable a Galicia en 5,16 puntos - para o primeiro trimestre de 2014 diminúe ata 2,73 puntos (- 42 % respecto a aquel). A taxa de emprego se sitúa para Galicia no 41,41 %, inferior ao 44,05 % de España.

E o número de fogares nos que todos os seus membros son parados, supera por vez primeira os 100.000, situándose en 101.500,  cun aumento de 5.600 en relación ao anterior trimestre; e un aumento dun 126 % respecto ao 2009 (III trimestre), con 56.700 familias máis, o peor dato que nunca se deu en Galicia. Esas 101.500 familias veñen a representar un 10 % do total das familias galegas. Con respecto ao III trimestre de 2012 (comezo da actual Lexislatura) o aumento é do 24,39 %, con 19.900 familias mais.


Datos do INE/IGE da EPA (Enquisa de Poboación Activa) do 29/4/2014.
Polo que respecta á poboación ocupada,  para o primeiro trimestre do 2014 en Galicia, ascende a 982.800 persoas, o mínimo e dato mais baixo dende que Feijoo é Presidente de Galicia; que en relación ao primeiro trimestre de 2009 representan 185.700 ocupados menos; polo que se reflicte un descenso do – 15,89 % , superior  aproximadamente nun 42 % , ao dato de España do – 11,21 %.

Para Galicia supón unha diminución de 4.500 persoas ocupadas respecto ao trimestre anterior, sendo o cuarto peor comportamento entre as Comunidades Autónomas e cando a nivel de España se produce un aumento de 192.400 persoas (o + 1,15 %). Se collemos os datos de variación na actual Lexislatura (dende o TIII do 2012) Galicia ten 64.900 ocupados menos, un – 6,19 % , o terceiro peor comportamento das CCAA; cando a nivel de España o dato é do – 2,13 %, case que a terceira parte de Galicia soamente..

No sector industrial, os ocupados continúan practicamente igual que no trimestre anterior, cun raquítico aumento de 500 persoas, situándose en 150.500 ocupados/as, unha cifra das mais baixa da “era Feijoo”, cunha diminución de 55.200 persoas dende o I trimestre de 2009 (- 27 %, superior a ¼ parte do total dos ocupados na industria galega).

José Luis Méndez Romeu
Portavoz 
Grupo Parlamentario Socialista