O eurodeputado socialista pregunta á Comisión se os Estados membros habilitaron liñas de axuda aos gandeiros e se vai realizar algunha recomendación ao respecto
Na súa pregunta inicial, Blanco reclamara a adopción de axudas específicas para evitar poñer en risco a viabilidade de moitas explotacións lácteas
Na súa pregunta inicial, Blanco reclamara a adopción de axudas específicas para evitar poñer en risco a viabilidade de moitas explotacións lácteas
A Comisión Europea respondeu ao eurodeputado socialista José Blanco que é aos Estados membros aos que corresponde habilitar axudas específicas ás explotacións gandeiras ante a desaparición do sistema de cotas lácteas.
A través dunha pregunta parljosé Blancoamentaria, o eurodeputado socialista formulara á Comisión que a supresión do sistema de cotas “abre un escenario de grave preocupación en comunidades cuxos gandeiros deberon facer un esforzo económico para poder adquirir dereitos de produción que agora perden todo valor ao eliminarse o sistema”. “Evitar poñer en risco a viabilidade de moitas explotacións esixe a adopción de axudas específicas para as zonas afectadas”, reclamara.
Na súa resposta, a Comisión Europea sostén que “as medidas de que dispoñen os Estados membros no marco dos programas de desenvolvemento rural e no contexto do réxime de pagamentos directos permiten prestar un apoio específico a determinados sectores, incluído o do leite e os produtos lácteos”, co cal deixa no ámbito dos Estados dar unha resposta a esta situación.
Ante esta resposta, o eurodeputado socialista volveu preguntar á Comisión sobre se ten coñecemento de que os Estados membros, e concretamente España, puxesen en marcha “mecanismos específicos de axuda ás explotacións gandeiras na súa transición cara ao novo escenario” sen cotas, cales son, que opinión lle merecen e se previu a posibilidade de facer recomendacións aos Estados nese sentido.